editar.md 4.3 KB

Editar un arquivo

Os arquivos subidos á forxa no formato Markdown pódense editar directamente sen ter que borrar a antigua versión e subir unha nova versión. Para iso temos na interfaz de usuario a opción de editar, como se mostra na seguinte captura:

editar un arquivo

Temos a posibilidade de incorporar diversos elementos relacionados co estilo do noso texto: negrita, cursiva, tachado, distintos niveis de encabezado, comillas, viñetas, ligazóns, imaxes, táboas, liñas, etc.

barra de estilos

O funcionamento desta barra de estilo non é diferente ao da calquer editor de textos gráfico que estamos acostumadas a usar. Sin embargo hai algunhas diferencias en relación á posibilidade de achegar imaxes directamente desde o editor da interfaz. A continuación facemos un percorrido polos pasos a dar:

Achegar unha imaxe

Se prememos directamente o botón da barra de estilo:

Veremos insertado no noso texto algo como o seguite:

![](http://)

Teremos que sustituir o texto 'http://' que está dentro do paréntese pola URL da imaxe que queremos insertar e engadir entre os corchetes un texto descriptivo (opcional) para a mesma, que se visualizará no caso de que haxa algún problema para cargar a imaxe no navegador web. Quedando ao final como segue:

![botón de achegar imaxes](http://foxa.colab.coruna.gal/Co-Lab/manual/raw/master/imaxes/achegar_imaxe.png)

Pois ben, diredes algunhas, como obteño a URL da imaxe que quero insertar? Podemos atoparnos con dúas opcións:

Se trata dunha imaxe que queremos achegar á forxa ou que xa está achegada

  • O primeiro a ter en conta é se temos permiso para usar a imaxe. Se a imaxe é nosa (tirámola nós ou alguén do noso equipo que nos deu permiso para o seu uso) non deberíamos ter ningún problema para achegala, alén de ter ademáis o permiso das persoas que aparezan nas fotografías para publicalas no caso de que se trate unha fotografía de persoas e se poidan identificar.

  • Unha vez que sabemos que temos permiso para usar a imaxe ou fotografía procederemos a subila á Forxa. Para iso temos unha opción na interfaz. Navega ata o cartafol onde queres subir a túa imaxe e preme o botón subir arquivo, situado na parte esquerda da pantalla xunto a outro que di novo arquivo:

subir arquivo

  • Unha vez que premamos o botón accederemos á seguinte pantalla, onde poderemos especificar un cartafol específico para a nosa imaxe dentro do cartafol onde xa estábamos e ademáis engadir unha mensaxe para caracterizar a nosa achega:

menú subida arquivos

  • Cando a imaxe que queremos insertar xa está na Forxa teremos que averiguar cal é a súa URL pública e isto o facemos premendo no botón que di RAW xusto ao carón do botón de edición:

raw

  • Deste xeito estamos accedendo ao enderezo do elemento en crú (raw en inglés) e isa URL, a que agora amosa a barra de enderezos do noso navegador, é a que temos que insertar como o enderezo web da nosa imaxe.

Se trata dunha imaxe que está noutro sitio web

  • Neste caso dependerá do sitio web onde está aloxada a imaxe pero con carácter xeral (cumplíndose incluso para o anterior suposto de que a imaxe esté aloxada na Forxa) obteremos a URL dun elemento premendo sobre este co botón dereito do rato e seleccionando copy link location ou a mensaxe que o noso navegador web utilice para iso.

Exportar un documento que xa temos editado

Existen algunhas ferramentas que nos permiten exportar contido que xa creamos noutras ferramentas ao formato Markdown. Por exemplo, esta ferramenta: Word to Markdown converte arquivos creados con Microsoft Word ao formato Markdown ou Pandoc, un proxecto que converte arquivos entre distintos formatos desde a liña de comandos.