Manual da forxa no que poderás aprender máis sobre o seu funcionamento dun xeito práctico

David A. Lareo d73c1b4ca4 borrado manual de imaxe corporativa hai 1 mes
imaxes e512883b54 engadida imaxe raw - url hai 11 meses
LICENSE 1f4f414a94 Initial commit hai 1 ano
README.md 9604bffde3 cambiar url repositorio forxa en github hai 2 meses
achegas.md 51ff325d97 engadida ligazón para editar un arquivo hai 11 meses
clonar.md 91141b79d9 Cambiados varios erros tipograficos. hai 11 meses
editar.md a2b1c59814 engadida referencia a Pandoc hai 2 meses
explorar.md 1ac34aa001 Engadidos arquivo 'organizacions' e link a el en 'explorar' para axuda de como crealas. hai 11 meses
organizacions.md 1ac34aa001 Engadidos arquivo 'organizacions' e link a el en 'explorar' para axuda de como crealas. hai 11 meses
pull_request.md 91141b79d9 Cambiados varios erros tipograficos. hai 11 meses
repositorios.md 91141b79d9 Cambiados varios erros tipograficos. hai 11 meses
usuarias.md d225f912dd engadido arquivo usuarias.md hai 1 ano

README.md

Manual da Forxa

Resumo

Neste repositorio poderás aprender máis sobre o funcionamento da forxa dun xeito práctico. A información do manual irase actualizando segundo a forxa vaia crecendo. A información básica abordará as cuestións elementais para o seu uso básico, como:

A forxa

A forxa está deseñada usando un software chamado Gogs, que ben sendo, segundo os seus desenvolvedores un servicio Git sinxelo de usar. Podes consultar a documentación orixinal de Gogs e descargalo para a súa instalación no teu propio servidor nesta ligazón. A nosa adaptación é tamén de código aberto e podes contribuir ao seu desenvolvemento libremente no seu repositorio público: https://github.com/ForxaCoLab/forxa. Cada repositorio desta forxa terá un clon actualizado en tempo real en Github, para darlle visibilidade aos proxectos e garantir a sostenibilidade da forxa.

Gogs

Gogs é moi similar á ferramenta Git máis usada pola comunidade de desenvolvedores de software de código aberto, Github, con máis de 15 millóns de usuarios e 35 millóns de repositorios. Ainda que inicialmente foi deseñada como unha ferramenta para crear software Github (e polo tanto Gogs e a nosa forxa) pódese usar para moitas outras cousas, algunhas delas descritas na entrada da Wikipedia, outros usos de Github.

Git. Software e non solo...

Git, que foi deseñado por Linus Torvalds, a persoa que iniciou o deseño do sistema operativo Linux, é unha ferramenta de control de versións que nos permite xerar contidos colaborativamente, mantendo un control total sobre as distintas achegas que se fan e permitindo unha colaboración transparente e eficaz. Ainda que inicialmente foi deseñado como unha ferramenta para a creación de código informático Git pode usarse para moito máis, como por exemplo facer unha guía de viaxes, para compoñer unha peza musical, para compartir e modificar recetas culinarias ou para crear documentos legais, como ten feito Twitter ou a Administración Obama, compartindo en Github o orzamento do gabinete presidencial.

README.md, este arquivo

Este arquivo chámase README.md. É o arquivo inicial de cada un dos repositorios que se creen na forxa. Se queres que o contido deste arquivo apareza na pantalla principal ao seleccionar o teu repositorio na interfaz o arquivo deberá chamarse README.md. "READ ME" é a traducción ao inglés de "leeme", polo que sabemos xa polo seu nome que será un arquivo de lectura recomendada ou incluso obligatorio para comprender o alcance ou contidos do repositorio. Os arquivos ca extensión "md" son arquivos Markdown, unha linguaxe que se usa para darlle formato aos arquivos de texto dun xeito sinxelo e compatible ca linguaxe HTML, o estandard na web. Podes saber máis sobre a linguaxe Markdown nesta ligazón. Existen varias versións da linguaxe Markdown, ou sintaxis, pero nós usaremos a sintaxis que usa Github e que podes consultar nesta páxina: https://guides.github.com/features/mastering-markdown/