Textos de presentación

marc 5f68315ea5 Update 'Prpouestas de promocion institucional' hai 1 ano
PRESENTACION-MANU.pptx 54f93eb202 Upload files to '' hai 1 ano
Preguntas mas frecuentes 3ff69fd5a4 Add 'Preguntas mas frecuentes' hai 1 ano
Prpouestas de promocion institucional 5f68315ea5 Update 'Prpouestas de promocion institucional' hai 1 ano
README.md a82135560c Update 'README.md' hai 1 ano
condiciones_servicio.md 6a3f1b672d Añadir 'condiciones_servicio.md' hai 1 ano
cousateca-flier.pdf 14876f6db3 Upload files to '' hai 1 ano
cousateca-poster-a3.pdf 14876f6db3 Upload files to '' hai 1 ano
cousateca_filosofia.md 242d9cdd73 Actualizar 'cousateca_filosofia.md' hai 1 ano
enlaces.md 49e2677688 enlaces hai 1 ano
quienes_somos.md 1e9f32919e Añadir 'quienes_somos.md' hai 1 ano
transaccions.md 9881535dc5 transaccions inusuais intelixentes hai 1 ano

README.md

Como funciona

Entrar: Rexistrarse como usuaria

É condición indispensable para antes de rexistrarse na web, aparte de terlle dado a «acepto os Termos de Uso», telos lido e entendido. Os Termos de Uso son a versión formal deste documento (Cómo Funciona A Cousateca).

Para poder publicar ofertas, deberás verificar o teu email e disporás dun buzón na web onde outras usuarias poidan enviarche mensaxes privados (sen revelar o teu email de contacto). Tamén podes especificar outras vías de contacto no teu perfil que non sexan mediante mensaxe privado (teléfono de contacto, perfil de Facebook ou outra web, outros xeitos para contactarte).

A medida que publiques cousas irás construíndo a túa reputación como usuaria dentro de Cousateca, o que te pode axudar a xerar confianza a outros ofertantes cando lles vaias a contactar como solicitante.

Publicar e solicitar: Participar e ser partícipe

Cremos que todas as cousas se poden compartir máis e intuimos que só precisamos atopar a fórmula adecuada para que o ofertante se sinta seguro para autorizar a que outras personas empreguen as súas cousas.

Queremos transparentar a invitación a compartir ofrecéndote cláusulas que poidas escoller facilmente. Tamén así quedan mellor protexidos ofertante e solicitante, e á vez ábrense bonitas vías de desenvolvemento inmaterial con posibles acordos de compartires máis e máis creativos.

Podes comezar probando a compartir cousas baratas, poñerlle moitas condicións restrictivas á cousa para ser usada, pedirlle moita información persoal á persoa que che pide unha cousa, ou simplemente asumir que non podes compartila ainda porque non te sentes preparada para elo.

Presta e regala máis na medida das túas posibilidades. Podes copiar do que xa publicaron outras persoas e tamén botarlle un ollo ás recomendacións que atoparás ao ir a publicar o anuncio no icono de información adicional situado ao carón do campo de “Qué cousa” ou «qué condicións».

Cando sexas ti (a solicitante) quen procura algo, le as condicións da oferta, contacta, queda, comenta que vas a usar a cousa polo tempo acordado, colle a cousa e devolve a cosa tal e como acordáchedes.

Transferencias de uso: Letra pequena

Primeiro, ao contactar a un ofertante, o ofertante non está obligado a responder nin a acabar compartindo a cousa, nin o solicitante ten dereito a denunciar publicamente ao ofertante por elo.

Agora mesmo, o único que podemos facer a nivel comunitario ao respecto é:

Recibir comunicación de que o ofertante non responde ou se negou, manter un arquivo privado coas queixas e se a situación se segue a repetir, dar de baixa ao ofertante que non responde. Máis alá disto, poderíamos resolver esta situación tal e como se fai en couchsurfing, amosando no perfil de usuario unha porcentaxe de respostas a mensaxes.

Se a ofertante responde, ofrece un sitio de quedada, non aparece e non dá explicacións, si se pode formular unha queixa. Se dá explicacións pero volve a pasar, entón si se pode formular unha queixa pública.

A conversación sobre os datos de autenticación de identidade que necesite o ofertante antes da entrega da cousa pódese alargar todo o que o ofertante queira, quedando espazo para a queja do solicitante se o solicitante considera que entregou a súa identidade convencional, o seu teléfono de contacto e algunha dirección que o ofertante debe ser proactivo en querer comprobar se quere seguir pedíndolle máis datos.

A conversación sobre as garantías de cumprimiento das condicións ou as instruccións de uso pódense alargar todo o que o ofertante queira, mantendo o ofertante o dereito a non compartir a cousa ainda que o solicitante a priori cumpra coas condicións e amose capacidade de uso razoable da cousa.

O ofertante puede readecuar las cláusulas a un solicitante en concreto, constatando esto mediante un mensaje privado al solicitante si así lo desean. En el caso del ofertante quejarse amparándose en unas condiciones en su publicación que han sido cambiadas después de haber entregado la cosa, le vamos a pillar porque podemos consultar que la hora exacta del cambio de condiciones es después del solicitante haber comentado que el tiene la cosa.

Agardamos encher a plataforma de cousas compartivas o suficiente para que a xente que queira causar problemas intencionadamente saiba que cando o pillemos vai perder a posibilidade de dispor delas. É dicir, que sexa tan bonito o que Cousateca ten dentro que a ninguén lle pague a pena vir molestar porque vai perder unha festa importante para o seu futuro.

Sempre temos unha parte de responsabilidade que coidar á hora de confiar en alguén, mais tampouco debemos pensar que a desconfianza é sempre a mellor opción porque tamén nos aílla.

Non estás obrigada a prestar nada a ninguén con quen non sintas facelo, nin tampouco tes que agardar unha alianza ou agradecemento especial por parte da persoa á que lle prestas a cousa.

A túa cousa desgastarase cando a usen outras. Podes pedir que te aporten contribución patrimonial se isto te preocupa.

Malentendidos, esaxeracións, imprecisións pode habelas. Coméntaas cando as vexas. Accidentes tamén pode habelos e se a prestataria está predisposta a compensar os danos accidentais, o accidente xa non debería ter sido un problema para ti.

Normas vencellantes e desexos kármicos

As normas vencellantes da cousa son como a usuaria expresou que ofrece a cousa ao «engadir cousa». Para ver máis sobre implicacións ou posíbeis condicións que se adapten á cousa que queres ofrecer, ver o icono de axuda no parágrafo de «texto de licencia» na páxina de «engadir cousa».

Ofrecemos unhas condicións seleccionábeis, que a usuaria pode ignorar, matizar ou sobreescribilas. No caso de que haxa contradicción entre o escollido como opción e o texto adicional engadido por la usuaria, prevalecerá o que escribira a usuaria.

Non temas a especificar condicións moi restrictivas se elas te dan máis tranquilidade á hora de publicar. Tamén podes adecuar formal ou informalmente condicións restrictivas especiais a solicitantes en concreto xurdidas durante a negociación do préstamo. E tamén, cómo non, podes ter publicado moitas restriccións e despois dicirlle á solicitante en privado que algunhas delas non fai falta que ela as cumpra.

As cláusulas (ou condicións) teñen a potestade de poderse usar ante a comunidade ou a autoridade convencional para denunciar un abuso, o que conlevaría a súa xuicialización e adecuada pena compensatoria, primeiro por vía comunitaria e, se nom, indo directamente ás autoridades convencionais. Os desexos non poden ser usados como condicións do contrato-licencia e, se así o foran, o denunciante comunitario automaticamente convertiríase en denunciado pola comunidade.

A vulneración de un deseo non expresado como condición conleva unha pena soamente «kármica» que, repetimos, non se pode usar para denunciar un abuso. Eso si, por exemplo, alguén que sentíu que o seu desexo foi vulnerado pode escoller non volver a prestar a cousa ao que considero abusador do seu desexo. Neste caso, o suposto abusador solicitante non pode denunciar un abuso (falsificación da oferta) por parte do ofertante, soamente pode apaciguar a súa frustración ou agardar compensación co sentimiento de que «O mesmo karma ao que tan forte apela o ofertante, se lle vaia a volver en contra por ser así de tramposo ou radical conmigo, xa se apañará… vou enviar unha mensaxe ás mediadoras da plataforma para que o teñan en conta e tamén xa lles explicaré a situación aos meus amigos en privado para que tampouco lle presten nada a ese prestatario…»

Resolución de disputas

Podes facer un comentario negativo no perfil do usuario. Hai que ser humildes, un comentario negativo non é o fin da boa reputación. É máis, sería incluso sospeitoso que un usuario que prestara 100 cousas non tivera algún pequeno despiste e nalgún momento vulnerara un pouco as condicións do préstamo.

Tamén podes queixarte en privado. Expón o teu problema aportando a maior cantidade de información ás mediadoras.

Vocabulario

    Uso: Aproveitamento da cousa
    Cousa: Un valor material
    Cousas: O que queira que sexa que poidas compartir
    Oferta: Anuncio de disponibilidade de uso dunha cousa
    Ofertante: Anunciante da oferta
    Mediación: Persoa de contacto da cousa
    Solicitante: A persoa que quere usar a cousa e contacta á ofertante
    Usuaria: Persoa que acepta a oferta de “Cómo Funciona a Cousateca”
    Conversación: Proceso de búsqueda de acordo para a transferencia de uso
    Relación: Posibilidades de uso das diferentes persoas envoltas no acordo
    Relacion Formal: Relación de cumplimiento con “Cómo Funciona la Cousateca”
    Cómo funciona a Cousateca: condicións da Oferta de Cousateca.info para as usuarias, versión informal dos «Termos de Uso»
    Terminos de Uso: Condicións legais
    Propiedade: Referencia legal para las relaciones
    Legal: Condiciones convencionales aplicables
    Condicións: Vinculacion relacional formal del acuerdo de uso
    Desexos: Condicións non vencellantes na conversación sobre a relación

    Compartir: Compartir a oferta da cousa
    Regalar: Ofrecer oferta
    Prestar: Ofrecer uso por unha equivalencia inmaterial (condicións a cumprir sen necesidade de intercambio material equivalente)
    Intercambiar: Ofrecer uso por unha equivalencia material
    Valor Inmaterial: Relación, especificación (condicións, desexos), conversación, equivalencia, acordo ao redor/sobre o uso da cousa

    Aval: Oferta de servicio de ayuda de terceros en caso de daños en una relación
    Puntos: Sistema interno medidor de actividade e reputación
    Compartiva: é un sinónimo de compartible, sendo compartiva unha palabra que creamos para facilitar a identificación da nosa filosofía. Compartiva Software & Cousateca Hardware.
    Compartiva.net: Unha plataforma de desenvolvemento común para iniciativas como Cousateca