Información relativa al proyecto Oasis Monte Alto

PiliCasals 7b1791a087 Cartel Teaser inicial 1 year ago
departure 82ce37c0c6 eliminando contenidos explicativos y las notas de docart 1 year ago
future 82ce37c0c6 eliminando contenidos explicativos y las notas de docart 1 year ago
prototyping 7b1791a087 Cartel Teaser inicial 1 year ago
LICENSE d1011d8f09 Initial commit 1 year ago
README.md 257e202c33 Actualizar 'README.md' 1 year ago

README.md

MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO OASIS MONTE ALTO

IDEA PRINCIPAL

Levar a cabo a metodoloxía Oasis no barrio de Monte Alto. Esta dinámica de transformación comunitaria é unha invitación as e os veciños, comerciantes, hostaleiros, e outros axentes sociais chaves do barrio, a experimentar o poder do traballo colectivo e situarse como suxeitos activos da transformación dando resposta ás necesidades presentes no propio territorio cun resultado de alto impacto no mesmo. É un proceso amplamente validado que a día de hoxe se ten implementado en máis de 250 ocasións en máis de 20 países diferentes.

OBXECTIVOS

O resultado principal desta iniciativa é o fortalecemento dos lazos de confianza entre as persoas participantes no proceso que aumentan o sentido democrático e de comunidade e pertenza ao barrio.

Así, os obxectivos específicos son:

  • Fomentar o tecido asociativo entre os diferentes axentes sociais do barrio.
  • Promover a participación cidadá a fin de que as e os veciños sexan suxeitos de transformación do seu propio barrio de maneira colaborativa.
  • Sistematizar a iniciativa a fin de extraer coñecemento que poida inspirar políticas sociais tanto relacionadas coa participación cidadá, des envolvemento local e a cohesión social.

CONTIDOS

A metodoloxía Oasis é unha ferramenta de mobilización comunitaria para a realización de soños comunitarios compartidos.

Este "xogo" foi deseñado polo instituto Elos (www.institutoelos.org) e, de maneira lúdica, desafíase a un grupo variado composto por veciñas e veciños, ONGs, comerciantes, hostaleiros, empresarios, asociacións, escolas... a construír, coas súas propias mans e recursos, soños comúns que sexan definidos, co-diseñados, prototipados e levados a cabo polo conxunto de persoas participantes que redunda no ben común de todos os moradores do barrio.

Un grupo local de entre 20-30 persoas son os e as "xogadoras", e o taboleiro de xogo é a propia comunidade. Este grupo é o nexo de unión entre o proceso participativo e o resto de habitantes do territorio.

Os particpantes activos, a través de diversos procesos de indagación e actividades abertas co resto de axentes do vecindario, construirán un diagnóstico apreciativo do entorno, identificarán cales son as necesidades colectivas do barrio, e impulsarán unha acción colectiva de transformación barrial , cos propios recursos e talentos locais.

COLECTIVOS COS QUE TRABALLAR

A metodoloxía Oasis serve para conectar os distintos axentes que forman arte da vida dun barrio o comunidade que xa están a desenvolver diversas actividades no seu día a día para a mellora do mesmo, de maneira consciente ou non.

As persoas que participan activamente e comprométense a levar a cabo ó Oasis é un grupo reducido dun máximo de 30 participantes. Estes participantes impactan de maneira directa ao resto de axentes do barrio a través da vinculación dos mesmos e o desfrute dos resultados.

Tratarase de ter a máxima variedade de axentes posibles , a saber:

  • Interxeracionais, persoas de diferentes idades.
  • Interculturais: diferentes procedenzas.
  • Colectivos sociais: entidades sociais existentes no barrio (asocaicións, ONGs, escolas...)
  • Axentes económicos: comerciantes, hostaleiros, empresarios...
  • Axentes políticos: representantes da administración local.

CONEXIÓN COA VECIÑANZA E O TERRITORIO, ORGANIZACIÓNS E DIFERENTES ÁREAS DO CONCELLO

No desenvolvemento da metodoloxía OASIS, a conexión co territorio e con os seus habitantes é unha condición si ne qua non para poder levar a cabo a iniciativa.

A selección do barrio de Monte Alto nace da necesidade de contar cun tecido social o suficientemente desenvolvido e, ao mesmo tempo, ó que dotar de estrutura para unha maior confraternización de todos os seus axentes.

Algúns destes son a Asociación de veciñas e veciños de Atochas Monte Alto , con máis de 40 anos de recorrido, a Asociación de veciñas e comerciantes de Monte Alto , os participantes da horta urbana no territorio. Os espazos públicos, e traballadoras e traballadores, como a biblioteca ou o centro cívico municipal. As diferentes actuacións desenvolvidas por parte da administración local como a recuperación do Camiño do Vixía ou a remodelación da Praza do mercado municipal , da área de Rexeneración Urbana e Movilidade Sostible, o proxecto Tendas á exame destinadas a activación do comercio local nesta mesma área de influencia, da área de Emprego e Economía Social, e o programa A pé de barrio no que tanto as áreas de rexeneración urbana e mobilidades, partcipación cidadá e medio ambiente comezarán polo distrito 10 (onde se enmarca Monte Alto) a mellora intensiva do espazo públco. Entre otras.

ACTIVIDADES

FASE 1: PROCURA DE APOIOS E RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

  • Reunións informativas e para a formación da rede de apoio con axentes aglutinadores chave do barrio.
  • Recollida de información chave no territorio de cara a unha captación exitosa.

FASE 2: PRESENTACIÓN DO PROXECTO AO BARRIO

  • Convocatoria para a presentación do proxecto (redes sociais dos axentes aglutinadores e da propia comunicación do Co-lab, Ayto, cartelería, nota de prensa e flyers).
  • Celebración do vermú- xuntanza participativa. Nesta xuntanza desenvolverase unha dinámica participativa para presentar o xogo OASIS. Trala dinámica, desfrutarase de xogos participativos cun vermú/auga/refresco, tapa de callos (vegana e con carne) e música para celebralo.

FASE 3: CAPTACIÓN PARTICIPANTES OASIS

  • Difusión en redes sociais dos axentes aglutinadores e da propia comunicación do Co-lab, Ayto, cartelería, nota de prensa e flyers.
  • Apoio á captación por parte das entidades do barrio e os participantes no vermú-xuntanza.

FASE 4: XOGO OASIS Celebraranse duas sesións de fin de semana (vernes tarde, sábado mañá, sábado tarde e domingo mañá) e unha última sesión de peche un vernes pola tarde.

FASE 5: MEMORIA

  • Sistematización do XOGO OASIS para poder ser replicado no futuro pola administración interesada.
  • Colleita do acontecido e transformado no barrio.

FASE 6: O RENACER

  • Ao finalizar o OASIS, as persoas participantes e integrantes varios do barrio Terán establecido sinerxias, identificado necesidades pendentes e motivación suficiente para levar a cabo máis acción autonomamente. Facilitarase a primeira de estas sesións.

METODOLOXÍA

A nivel instrumental, impleméntanse diversas tecnoloxías sociais recoñecidas internacionalmente como o Open pace ou o World Café. O seu uso persegue o obxectivo de movilizar ás persoas e crear espazos de diálogo profundos e significativo. Estas ferramentas estimulan os procesos cooperativos, a empatía, a intelixencia colectiva e a creatividade.

O proxecto proposto baséase nas seguintes fases:

  1. Mirada apreciativa: para identificar as belezas da comunidade.
  2. O afecto: Establécense relacións de confianza e coidado mutuo.
  3. O soño: Interación cos habitantes do barrio para identifcar o soño colectivo.
  4. O coidado: Planificación das estratexias e accións a desenvolver.
  5. A acción colectiva: cualidades do grupo, recursos da comunidade e a conexión emocional.
  6. A celebración: desfrute do soño feito realidade e celebración dos logros.
  7. A re-evolución: momento de reflexión conxunta das aprendizaxes e planificar novos desafíos.

CRONOGRAMA

MES 1: FASE 1: PROCURA DE APOIOS E RECOLLIDA DE INFORMACIÓN  Reunións informativas e de formación de rede de apoio con axentes aglutinadores chave do barrio.  Recollida de información chave no territorio de cara a unha captación exitosa. FASE 2: PRESENTACIÓN DO PROXECTO AO BARRIO  Convocatoria para a presentación do proxecto  Celebración do vermú- xuntanza participativa.

MES 2 FASE 3: CAPTACIÓN PARTICIPANTES OASIS  Difusión en redes sociais e distribución de cartelería polo barrio.  Apoio á captación por parte das entidades do barrio e os participantes no vermú-xuntanza. FASE 4: XOGO OASIS

MES 3 FASE 4: XOGO OASIS FASE 5: MEMORIA  Sistematización do OASIS  Colleita do acontecido e transformado FASE 6: O RENACER  Facilitación da primeira xuntanza do barrio tralo xogo OASIS

DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES A DESENVOLVER PARA ABRILO Á CIDADANÍA

O fundamento que vertebra o xogo OASIS é levar un soño colectivo dun barrio á realidade con os propios talentos e recursos dispoñibles no mesmo. Para isto, sérvese de tres elementos: a metodoloxía Elos, a aplicación de tecnoloxías sociais e a conexión da red social.

A práctica da Metodoloxía Elos realízase a partir das sete fases do proceso de transformación: mirada apreciativa, o afecto, o soño, o coidado, a acción colectiva, a celebración e a re-evolución.

As tecnoloxías sociais , pola súa banda, son ferramentas de movilización e organización de grupos que facilitan os procesos participativos de xeradores de cambio. Serven para maximizar a intelixencia colectiva e a creatividade grupal transformando os conflitos en cooperación creativa. O xogo OASIS está formado por actores chave da propia comunidade como as veciñas e veciños, ONGs, asociacións, goberno local, comerciantes e hostaleiros, empresarios e empresas...

Estes actores do barrio, forman a Rede Social , un espazo humano para os soños, talentos, recursos e solucións. Concibido para ser implementado de forma 100% cooperativa para que todas as persoas, partipantes ou non, xuntas, acaden a victoria común sen excepción. O éxito do soño individual depende do éxito do soño colectivo e viceversa.

Neste contexto, é imprescindible contar con tódolos axentes xa existentes no territorio e contar con toda a información posible para coñecer e comprender en profundidade a realidade desta comunidade.

A elección do barrio de Monte Alto debe a súa razón a encontrarse cun tecido asociativo activo e implicado que xa está a desenvolver iniciativas cidadás. Cómpre recordar que a Asociación de veciñas e veciños de Atochas Monte Alto, conta con máis de 40 anos de antigüidadee máis de 3.400 seguidores na páxina de facebook, combinando a un público interxeracional moi axeitado para o xogo OASIS. Entre os proxectos a destacar capitaneados por esta entidade veciñal, xunto coa escola infantil e o centro xuvenil do barrio, atopamos as Horta Urbá Comunitaria. Sen dúbida unha mostra máis da capacidade de autorganización, movilización e mellora do entorno existentes.

Así mesmo, por parte da administración local tamén desenvolvéranse e estanse a desenvolver iniciativas participativas no barrio cara a mellora da movilidade e espazos urbanos. A recuperación do Camiño do Vixía ou a remodelación da Praza do mercado municipal , da área de Rexeneración Urbana e Movilidade Sostible, son claros exemplos desta realidade. O proxecto Tendas á exame destinadas a activación do comercio local, promovido pola área de Emprego e Economía Social, e o programa A pé de barrio no que tanto as áreas de rexeneración urbana e mobilidades, participación cidadá e medio ambiente comezarán polo distrito 10 (onde se enmarca Monte Alto), mostran o inmenso potencial de coñecemento, talento e recursos xa existentes no barrio para facer un OASIS.

As actividades a desenvolver para optimizar todos estes recursos e talentos son as seguintes:

  • Análise profunda das diferentes entidades que conforman o barrio: veciñas e veciños, ONGs, asociacións, goberno local, comerciantes e hostaleiros, empresarios e empresas.
  • Contacto telefónico con cada un dos axentes identificados para citarse persoalmente.
  • Visita no tempo e forma acordadas a cada unha das entidades identificadas para explicar o proxecto e recadar máis información chave e apoios en firme para a difusión e éxito do OASIS.
  • Coordinación para a difusión do Vermú-Xuntanza a través das redes dispoñibles por estas entidades, e invitación activa a participar na mesma. Cómpre recordar que a administración local forma parte das entidades a visitar e implicar no proceso.
  • Atención aos diferentes colectivos procedentes de diversas entidades para a súa comodidade e libre participación no vermú-xuntanza e no posterior OASIS.
  • Intervencións continuas con as persoas e entidades do barrio , para a mirada apreciativa, o soño, a acción coletiva, a celebración, a re-evolución...as distintas fases xa procuran a máxima mestura co entorno para a súa máxima transformación desexada.
  • Comunicación continua coas diferentes entidades implicadas, ou non, dende o principio para o coñecemento do estado do OASIS tras cada sesión**.
  • Invitación a participar en todas a s fases abertas do proceso**.
  • Compartir publicamente a sistematización realizada do proceso unha vez rematado para poder ser replicado abertamente.